Charlas de lúa chea desde o MUNCYT con Manuel Vicente

O xoves 25 de marzo tivemos unha conferencia on line desde o MUNCYT da Coruña. Nela, Manuel Vicente versounos sobre os dous achados españois que van cambiar o mundo: CRISPR e ángulo máxico do grafeno 

O premio Nobel de química 2020 foi para uso do sistema CRISPR como editor xenético a Jenifer Doudna e Enmanuel Charpentier. O seu achado non se pode explicar sen os traballos realizados uns anos antes polo microbiólogo alacantino Francis Mojica. Manuel contounos cal foi a historia do CRISPR, como está a cambiar o mundo e como vai mudar as nosa vida, as guerras de patentes, os heroes e os esquecidos e os problemas éticos que xorden. 

Hai un segundo español que cada ano que pasa ten mais probabilidades de gañar un premio Nobel, neste caso o de física, é o catedrático do MIT Pablo Jarillo Herrero. En 2018 presentou no encontro anual da Sociedade Americana de Física un achado revolucionario: o ángulo máxico do grafeno. Para explicar a súa contribución presentounos un exemplo moi visual e sinxelo, con dúas láminas, de como variaba o patrón regular hexagonal -simulando a do grafeo- ao virar de distintas maneiras a lámina de enriba, que era transparente.

Existen libros infantís que conseguen animacións máxicas ao mover unha transparencia cunhas barras horizontais sobre diversos patróns de liñas. Deste xeito xérase o coñecido como patrón de Moiré. Manuel ensinounos este marabiloso libro.

Traxectoria do divulgador científico Manuel Vicente

Manuel Vicente é comunicador da ciencia freelance. O seu proxecto persoal é “Efervesciencia”o programa de divulgación científica da Radio Galega que dirixe e presenta desde 2006.

Manuel Vicente é doutor europeo en Ciencias Químicas (USC, 2004) e Máster en Comunicación. Actualmente é presentador e asesor de contidos do programa de divulgación científica “Aquelando” da TVG

Participa no programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia levando obradoiros de ciencia para escolares ás bibliotecas galegas. Desde 2013 imparte obradoiros de ciencia para escolares na feira científica Galiciencia en Tecnópole. 

É vicepresidente da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (DIVULGACCIÓN). DIVULGACCIÓN pon ao servizo da comunidade educativa o programa “Divulga na Escola”.

About mcastigarcia

Profesora de Secundaria e Bacharelato en IES de A Coruña.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.