
“Coñéceas” é unha actividade en directo que ten como principal obxectivo dar visibilidade ás científicas que investigan en cancro, dunha forma dinámica e interactiva. O noso obxectivo é que se coñezan ás “mulleres detrás de bata”: como son, como empezaron, como orientaron a súa carreira, e como chegaron a ser grandes investigadoras punteiras nos seus campos. A través desta acción queremos animar ao alumnado, e en particular, ás nenas e novas, a que se interesen por a Ciencia, precisamente con a oportunidade de falar e preguntar a directamente a estas ‘detectives do cancro’
A iniciativa está promovida por ASEICA-MUJER
A actividade desenvolveuse o 8 de Febreiro de 2021. O formato foi en liña, co obxectivo cubrir polo menos 50 colexios, institutos e universidades en España e o estranxeiro. Cada centro educativo conectouse cunha investigadora en charlas ti‐a‐ti.
Aurora Gómez-Durán foi a científica coa que tivemos o gusto de charlar no noso instituto IES Rafel Dieste. Ela e investiga o ADN mitocondrial, estudando xenes deste que teñen que ver ca supresión dalgúns cancros.

Ela mesma deixonos este apunte da súa biografia :
Fun ao colexio público da Estrada e realicei a miña formación secundaria no colexio Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela). Licenciada en Farmacia pola USC. Percorrín moitos km científicos: Erasmus de investigación en Amberes (Bélxica),
Mestrado na Universidade de Granada, tese doutoral na Universidade de Zaragoza e etapa post-doutoral na Universidade de Newcastle e Cambridge. En 2020 empecei a miña etapa de investigación en solitario no Centro de Investigacións Biolóxicas Margarita Salas para o estudo de xenómica funcional mitocondrial. A miña investigación ten como obxectivo comprender o papel das mitocondrias (ADNmt) no metabolismo e a sinalización celular na saúde e a enfermidade. Durante a miña carreira, tiven unha formación multidisciplinar que vai desde a xenética ata a aplicación de enfoques multiómica en bioloxía celular e cohortes poboacionais, entre elas o cancro.

“Coñéceas” , enmarcado no 11‐ F, Día da Muller e Nena en Ciencia..
Ao alumnado interesoulle bastante a actividade; algunhas das opinións no traballo a entregar
Deixamos aquí algunhas fotos da actividade