“Aprendendo con Poscast” Usos e recursos dos arquivos de audio

Learning whit Podcast

Abstract

“We are storytellers”. This is what Pepe Cervera, a science communicator who I greatly admire, used to say.

Our voice, our oral language, that evolutionary uniqueness, continues to have a great communicative importance at a time of images and virtual realities, maybe because whenever we hear a congener’s voice there are lots of areas in our brains being stimulated.

Nothing can arise more interest or emotion than a story told.

Audio files, podcasts are a powerful educational tool and not only in obvious subjects such as Music or Languages, where they constitute an essential resource, but also in others where the orality of words can provide more subtleties, contents and sensations.

Firstly we used podcasts in the classroom as a means to obtain information of current scientific issues which were not dealt with in our textbooks, as well as to broaden information.  In the next step they became producers of educational contents adapted to our interests.

The elaboration of podcasts helps us understand and take a stance on a lot of topics. Podcasts are creators and disseminators of knowledge.

foto portada podcast

Aprendendo con Podcast

Resumo

Somos “contadores de historias”, isto dicíao un divulgador científico a quen admiraba moito: Pepe Cervera

podcast 5

A voz, a linguaxe, esa singularidade evolutiva, segue a ter unha gran forza comunicativa nestes tempos de imaxes e de realidades virtuais, quizais porque se estimulen moitísimas áreas do cerebro cada vez que escoitamos a voz de un conxénere.

Unha historia narrada é capaz de espertar como ninguén o interese e xerar emoción.

Os arquivos de audio, podcast, son unha potente ferramenta educativa, e non tan só en materias obvias como a música e os idiomas, onde se revelan como un recurso educativo imprescindible, senón noutras onde a palabra pode dar moitos máis matices, contidos e sensacións.

Usamos primeiro o “Podcast” nas clases como medio de adquirir información dos temas de actualidade en ciencia que non viñan nos nosos libros de texto, ademáis de para ampliar información, para despois ser produtores de contido educativo simple pero adaptado aos nosos intereses.

A elaboración de podcast axúdanos a comprender moitos temas e a posicionarnos ante eles. O Podcast é difusor e creador de coñecemento.

“Aprendendo con Poscast” Usos e recursos dos arquivos de audio

Un podcast é un arquivo dixital de audio (tamén pode ser vídeo, vodcast) que pode ser descargado e difundido por internet. (sistemas de sindicación RSS)

O termo podcast deriva da unión das palabras iPod e broadcasting (difusión) e foi acuñado por primeira vez en 2004 polo xornalista do diario inglés “The Guardian”, Ben Hammersley; onde sinalaba o bo que era facer programas de radio en liña, e aumentar a retroalimentación entre emisor e receptor, xa que podíase acceder aos contidos cando un o desexaba. Así mesmo sinalou a facultade de facerse subscritor. Adam Curry afondou  nisto cando utilizou unha especificación do formato RSS (Redifusión) de Dave Winer (2000) para incluír arquivos adxuntos coa etiqueta < enclosure> quixo así aproveitar a gran capacidade de almacenamento dos dispositivos de Apple. O gran lanzamento foi con iTunes, un programa capaz de organizar, reproducir e comprar música Máis tarde puidéronse instalar tanto en Mac como en Windows e Linux.

Na ensinanza pronto tivo gran utilización. Tiña antecedentes nas radios escolares, pero ofrece máis flexibilidade para escoitalo e editalo en calquera momento, e como ela promove a edición libre e horizontal de información. Ademais hai que sumar que o alumnado está afeito a o uso de esta ferramenta para compartir músicas e audios de interese persoal e de ocio nos seus dispositivos móbiles.

O podcast educativo é un arquivo sonoro con contidos educativos creados polo docente, alumno, institucións ou empresas.

Os podcast teñen a forza de “contar historias”, neste senso estimulan fortemente a imaxinación, xerando competencias de concentración e interpretación.

O primeiro acercamento ao Podcast nas nosas aulas foi para recibir información, os noticiarios e programas de entrevistas como Science Friday, Science Friday en Español, , Efervesciencia, El Método, La Buhardilla, … permitíronnos adquirir unha serie de información de actualidade en ciencia que aínda non estaba nos nosos libros. Tamén escoitamos as estupendas biografías e historias de científicos e ciencia de   Aldea Irreductible, para facernos fans incondicionais de Geocastaway, Radio Skylab, Coffee Break: Señal y Ruido, Crecer soñando ciencia, catástrofe ultravioleta, Las Raras Podcast, ……e tantos

podcast 7podcast 2   podcast-1.jpg    podcast 3.jpg

Fixemos as nosas listas de subscricións para ter estes podcast ordenados, dispoñibles e ademais ter notificacións das novidades. Resinar esta lista de podcast de Ciencia que quedan recollidos nesta entrada “LISTA DE PODCASTS DE CIENCIA” do blog “Los Mundos de Brana” de Laura Morrón, tendo así un repositorio enorme de temas de ciencia (Nos fixemos algunha suxentión para a inclusión dalgún)

Hai diversos servidores de podcasting, que permiten ter os teus audios, marcar favoritos  e comentar ou facer preguntas para programas vindeiros.

As máis famosas e utilizadas polo noso alumnado son

A interacción cun dos nosos podcast favoritos animounos para participar con eles na difusión de temas de xeoloxía, así que comezamos a colaborar con Geocastaway na elaboración de un audio mensual dentro da sección “La geología desde el IES Rafael Dieste” E así comezamos a crear historias para aprender.

A elaboración dun podcast require:

podcast 4

Preprodución

  • Procura de temas: investigación, bibliografía,..
  • Procura doutros elementos como músicas, textos non sempre científicos relacionados co tema, poesías,..
  • Elaboración de guións; estes deben ser cortos, amenos pero non deixar de ser rigorosos. Está moi ben utilizar a teatralidade. Hai que ter en conta que o audio non debe sobrepasar os 15 minutos.
  • Elaboración de “escaletas”; a orde en que ten que ir cada arquivo, quen ten que intervir e os minutos estimados.

Exemplo

1-2 minutos 2-4 minutos 4-10 minutos 10-13 mi 13-15 mi
§  Barner anunciador

§  Presentación

§  Timbre

§  Música

§  Texto introductor

§  O resumo de presentación

§  Desenvolvemento

§  Temas

 

§  Música

§  Debate

§  Música

§  Despedida

§  Música de peche

§  Barner

Produción

Gravación. Aínda que hai moitos sistemas e aparatos de gravación, os nosos móbiles teñen calidade suficiente, para en boas condicións e axustando voces e sistemas, a gravación sexa de suficiente calidade para traballar despois no editor. (requírense formatos do tipo MP3 ou WAV). Algunha vez utilizamos sistemas de gravación sinxela con cascos e micrófono para programas especiais, como foron as entrevistas.

Neste punto aclarar que tentamos potenciar a oralidade; falar con corrección, dependendo do rexistro empregado.

Utilizar un arquivo para cada sección ou toma fai máis sinxela a manipulación posterior no editor.

  • Conversión se fora o caso dos arquivos recollidos nos aparatos de gravación a formatos compatibles co noso editor.

Son moitos os programas de conversión que existen nas redes, hai que ter unicamente coidado de manexar páxinas oficiais e fiables.

Nos usamos os seguintes:

Online Audio Converter – Сonvert audio files to MP3, WAV, MP4, M4A

-Conversor YouTube MP3

  • Edición dos arquivos

Os arquivos gravados e convertidos adecuadamente para o noso editor, vanse pegando e compoñendo segundo a escaleta acordada. A edición require habilidades nas TIC; hai que cortar, pegar, reducir son ambiental, modular as voces u outros sons.

Son varios os editores  de audio dispoñibles nas redes e no mercado

-Podcast Generator

-ePodcast Creator

Nos usamos

-Audacity

Tamén hai que ter a precaución de usar páxinas oficiais e fiables.

  • Postprodución: Subiremos a rede e utilizamos para elo as RSS. No noso caso servímonos do podcast anfitrión, Geocastaway, e da plataforma

Cuonda : Comunidad de Podcast en español

Aquí a lista dos nosos podcast  

IMG-1926

Engadir ademais outros dous da formación de M. Castiñeira

O podcast é sen dúbida unha boa ferramenta didáctica.

Salientamos as características importantes do Podcast educativo:

  • É de fácil manexo e difusión
  • Estimula a imaxinación
  • Mellora a compresión dos contidos
  • Desenvolve habilidades de lectura, orais e comunicativa
  • Potencia a aprendizaxe autónoma
  • Potencia a aprendizaxe colaborativa
  • Se adapta as nosas características e gustos
  • Pódense facer con maior liberdade contidos abertos e transversais
  • Potencia o espírito crítico
  • A elaboración de podcast, é unha boa “ferramenta de avaliación”
  • Crea opinión, sitúate cara o mundo

podcast 6

A empresa non é fácil, pero é moi satisfactoria!!

Bibliografía

Esta “Comunicación” foi presentada no XXXI Congreso ENCIGA  En Lalín 2018

 

Advertisements

About mcastigarcia

Profesora de Secundaria y Bachillerato de Biología y Geología en IES de A Coruña.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s