O IES Rafael Dieste asistimos un ano máis á gran festa de Ciencia da Coruña; O Día de Ciencia na Rúa que celebrouse o sábado 7 de maio no Monte de Santa Margarida de 11 da mañá as 7 da tarde.
Desde o Club de Ciencia Ángeles Alvariño levamos moitas das experiencias traballadas ao longo do curso:
Tivemos o noso rincón de ilusións ópticas, para demostrar que moitas veces a nosa vista engánanos e todo está onde fixemos a atención.

No posto de microbioloxía ensinamos protozoos e as nosas Artemias, explicando o seu ciclo biolóxico e dimorfismo sexual.

Levamos a nosa cámara de néboa, e mostramos como poden detectarse partículas subatómicas.

Ensinamos a medir a Terra cun pau, reproducindo os cálculos de Eratóstenes.

O día foi estupendo, e aínda que no instituto cústame moito tirar do alumnado, aquí crecéronse, tomaron iniciativa, divulgaron e gozaron da ciencia ao grande. Grazas #DCR22! #DiaDaCienciaNaRúa #DíaDaCienciaNaRúa2022

Deixamos aquí máis fotos.

















































